Esta proba de avaliación está baseada no ELINGA, unha proba editada pola Consellería de Educación en formato papel. No noso Departamento decidimos pasar esta proba a formato informático por ser moito máis práctico e motivador para o alumnado. Ademáis empregamos fotos reais para elaborar o material. A proba serve para avaliar a articulación de todos os fonemas da nosa lingua. É como o RFI (Rexistro Fonolóxico Inducido) de Marc Monfort pero en galego. Consiste en que os nenos/as vaian dicindo as imaxes que van saíndo no vídeo. No caso de que digan algunha de forma incorrecta (por exemplo *tasa en vez de casa) a anotamos na folla de rexistro. Isto daríanos a información dos sons (fonemas) que o neno/a cambia ou non pronuncia. A nosa labor sería traballar con eles para que aprendan este fonemas de maneira correcta.
Son
domingo, 11 de abril de 2010
ELINGA: PROBA DE AVALIACIÓN DE FONEMAS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario