Son

miércoles, 7 de diciembre de 2011

SEN BRAZOS E ABANDONADA POLO SEU NOIVO AO QUEDAR EMBARAZADA, DECIDE TER AO SEU FILLO!!!



Alison Lapper, unha muller cun corpo pequeno e deforme que naceu sen brazos, artista que pinta coa boca e traballa coa fotografía artística e dixital, foi abandonada polo seu noivo cando quedou embarazada. Decidiu seguir adiante a pesar das dúbidas e o temor de que o bebé herdara a súa deficiencia. Parys, o seu fillo, naceu en 1999 perfectamente san, ela deulle o peito.
Ao principio preocupáballe que pasaría co seu fillo e dicía "algún día Parys avergonzarase de mín".
Na infancia, Alison foi abandonada por seus pais. Tiña catro meses cuando súa nai aceptou vela por primeira e última vez. A seu pai non o coñece. Eran obreros dunha fábrica automovilística no condado de Yokshire e separáronse cando ela naceu. Ten unha irmá, sen minusvalías, tres anos maior a que apenas coñece.
Comezou a pintar aos tres anos. “Pintou coa boca a golpe de pequenos movementos secos de cabeza, como fan eses canciños colocados no salpicadeiro do coche“, explica. A súa pintura obtivo o recoñecemento e foi premiada coa maior condecoración de Inglaterra, o Member of the British Empire (MBE) polos servizos prestados ao arte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario